Narf

Bos amores

Narf
Cal olido de rosas que sai de antre o ramaxen
Nunha mañán de maio, hai amores soaves
Que n’inda vir se sinte, nin se ve cando entraren
Pola mimosa porta que o corazón lles abre
De seu, cal se abre no agosto
A frol ó orballo da tarde

E sin romor nin queixa, nin choros, nin cantares
Brandos así e saudosos, cal alentar dos ánxeles
En nós encarnan puros, corren coa nosa sangre
I os ermos reverdecen do esprito onde moraren
Busca estes amores, búscaos
Si tes que chos poida dare
Que éstes son sóio os que duran
Nesta vida de pasaxen

Encontrou algum erro na letra? Por favor envie uma correção clicando aqui!